Obxectivos
A REDE ECOVER está orientada á realización dos seguintes obxectivos a curto e medio prazo:
Obxectivos a curto prazo
A Rede ECOVER está orientada a curto prazo á realización dos seguintes obxectivos:
A realización dun estudo xurídico colectivo sobre o papel do Dereito ambiental para a realización dunha economía verde. O traballo centrarase no estudo das debilidades e fortalezas tanto da regulación orientada á ordenación da actividade económica, como dos instrumentos de mercado destinados á orientación do mercado e os axentes económicos a comportamentos socialmente responsables.
Divulgar na páxina web da Rede outras publicacións e actividades científicas levadas a cabo polos membros da Rede dentro dos obxectivos definidos pola Rede.
Objetivos a medio prazo
A medio prazo a Rede pretende constituírse como unha Rede de Investigación estable e permanente e integrar a novos grupos europeos con traxectoria en materia de Dereito ambiental, especialmente aqueles interesados no estudo das relacións entre mercado e medio ambiente.