Red Mercado y medio ambiente. Propuestas jurídicas para una economía verde.


Lucía Casado Casado

Centre d’Estudis de Dret Ambiental de Tarragona Alcalde Pere Lloret (CEDAT)

Lucía Casado Casado
  • Profesora Titular de Dereito Administrativo na Facultade de Ciencias Xurídicas da Universidad Rovira i Virgili (Tarragona). Tamén foi profesora de Dereito Administrativo na Universidad Autónoma de Barcelona, onde obtivo os premios extraordinarios de licenciatura e de doutorado. Coordinadora de investigación e responsable de proxectos do Centre d’Estudis de Dret Ambiental de Tarragona (CEDAT) e membro do grupo de investigación da Universidad Rovira i Virgili “Territorio, Ciudadanía y Sostenibilidad”, recoñecido e financiado como grupo de investigación consolidado pola Generalitat de Catalunya.
  • Conta cunha longa e consolidada traxectoria investigadora, avalada pola obtención da acreditación de investigación avanzada de AQU Cataluña (2014) e o recoñocemento de dous sexenios de investigación (poa CNEAI e por AQU Catalunya). A súa actividade investigadora desenvolveuse mediante a participación continuada en proxectos de investigación e o desenvolvemento de diferentes liñas temáticas (dereito administrativo; dereito ambiental; dereito local; dereito audiovisual; e inmigración, dereitos fundamentais e discriminación racial). Especial dedicación tivo a liña sobre dereito ambiental administrativo, materializada na súa participación en varios proxectos de investigación e en numerosas publicacións. Entre os proxectos de I+D, destaca o proxecto “Dereito ambiental e liberdade de servizos no mercado interior: novos retos, transformacións e oportunidades”, financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad (DER2010-19343), no periodo 2011-2013, do cal foi investigadora principal. É autora de numerosas publicacións. Entre elas, existen numerosos traballos e monografías sobre Dereito Ambiental, entre os que destacan Los vertidos en aguas continentales. Las técnicas de intervención administrativa (Comares, 2004), La regulación de los vertidos en aguas continentales en el Derecho comunitario. Hacia un enfoque ambiental y global en la protección de las aguas (Cedecs, 2005), Medi ambient i ens locals (Cedecs, 2008, en coautoría) e La externalización de las funciones de control e inspección en materia de protección del medio ambiente (Atelier, 2010, en coautoría). Dirixiu diferentes obras colectivas, como Derecho ambiental y transformaciones de la actividad de las administraciones públicas (Atelier, 2010) e Prestación de servicios, administraciones públicas y Derecho administrativo. Especial referencia al Derecho ambiental (Tirant lo Blanch, 2013). Así mesmo, conta coa publicación de máis de 20 artigos nas revistas xurídicas de maior prestixio no ámbito do dereito administrativo en España e máis de 30 capítulos de libro, publicados en editoriaies de recoñecido prestixio no ámbito xurídico.
  • Dirixiu dúas teses doctorais e está a dirixir outra actualmente. É membro do Consello de Redacción de dúas revistas xurídicas (Actualidad Jurídica Ambiental e Revista Catalana de Dret Ambiental) e do Comité Científico Internacional da Revista Chilena de Derecho y Ciencia Política. Tamén é membro do Observatorio de Políticas Ambientales e da Academia de Derecho Ambiental da IUCN.

redecover.es